O Concello de Ferrol aposta pola estabilidade e a calidade no emprego

O Concello de Ferrol aposta pola estabilidade e a calidade no emprego

16 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pola estabilidade no emprego e pola dotación dun traballo fixo e de calidade o Concello de Ferrol aposta pola presentación dunha nova oferta pública de emprego neste 2010. A Concelleira de Seguridade Cidadá, Sandra Ríos, presentou esta mañá as bases de contratación de persoal para resolver a interinidade de empregados que nalgúns casos levan máis de quince anos nesta situación. Ofértanse 35 prazas de funcionarios e unha de p

Das 36 prazas que se ofertan destínanse principalmente ás áreas de urbanismo e benestar aínda que tamén atinxen a outras como medio ambiente. Accederase a elas mediante concurso-oposición reservando un 25% das mesmas para promoción interna. Poderán inscribirse todos os cidadáns que cumpran os requisitos e o perfil demandado nun proceso caracterizado, segundo a edil, pola igualdade e a transparencia.

Demándanse sobre todo, arquitectos, asistentes sociais e axudantes para a casa de acollida. A consolidación de emprego non se afrontou nos anteriores gobernos e era unha das cuestión a resolver que acarrea maior tardanza, explicou Ríos. Ata o momento, engadiu, non se atendeu co mimo necesario a materia de recursos humanos e para o noso goberno “é a pedra angular nunha administración a calidade e a estabilidade de emprego”. Tras a publicación das bases procederase á presentación de instancias no verán e prevese a realización dos exames polo mes de outubro. 

Institucional