ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Concellería de Servizos Sociais Xerais mantén aberta unha nova convocatoria, dirixida a rapaces e rapazas de Narón. Námbolos dous casos as solicitudes poden recollerse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, ou descargarse da páxina web municipal.
As axudas para material escolar para este curso 2009-2010 poden solicitarse ata o vindeiro 30 de setembro. Xunto coa instancia, os interesados deberán cubrir unha declaración xurada de ingresos da unidade familiar e das axudas solicitadas cos xustificantes correspondentes. Además, deberán aportar a fotocopia do Libro de Familia e do DNI do solicitante e dos maiores de 16 anos da unidade familiar. Tamén deberán presentar a fotocopia do contrato de traballo -ou da tarxeta de desemprego, no caso de estar no paro- e da Declaración da Renda ou do documento que acredite estar exento de abonar o IRPF. Incluirase ademáis o xustificante da matrícula escolar dos alumnos. A contía das axudas que aportará o Concello depende do número de membros da unidade familiar e dos ingresos da mesma.
Respecto ás axudas para o bono bus universitario, poderán solicitarse ata o vindeiro dia 9 de outubro. Ademáis da instancia, os solicitantes deberán presentar unha fotocopia do DNI, da Declaración da Renda e da matrícula do curso correspondente. Tamén presentarán un certificado de empadroamento da unidade familiar –será aportado polo propio Concello-, unha declaración de non recibir outra beca ou axuda ou en caso de tela, fotocopia da mesma, e unha fotocopia da cualificación académica obtida no ano anterior.