O Concello de Narón merca 7 desfibriladores para instalar en lugares públicos

O Concello de Narón merca 7 desfibriladores para instalar en lugares públicos

15 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coarenta e dous traballadores de edificios e lugares públicos do  Concello de Narón participan dende hoxe nas xornadas de formación para o manexo dos equipos desfibriladores adquiridos polo concello. Os sete aparellos serán instalados, unha vez rematada a formación do persoal que será despois examinado pola Xunta de Galicia, no Pavillóns Polideportivo da Gándara,As Lagoas e A Solaina, nos campos de fútbol de O Cadaval e Rio Seco, no&nbsp

O curso para o manexo de desfibriladores estáse a impartir conxuntamente pola Cruz Vermella e o 061. A formación consiste nun único módulo de 8 horas de duración, das cales catro son de formación teórica e outras catro de práctica.

O Concelleiro de Sanidade explicou que o Concello ten a intención de continuar no ano 2010 adquirindo estos aparellos, suministrados polo grupo AED Over, para instalalos notros lugares do municipio, como centros de maiores ou asociacións de veciños.

Institucional