O concurso de disfraces de Arzúa repartirá 2.000 euros en premios

O concurso de disfraces de Arzúa repartirá 2.000 euros en premios

28 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Entroido en Arzúa é sinónimo de grandes festas, a que dende hai anos depara o desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura. As bases para participar nesta actividade, que se celebra o martes 16 de febreiro a partir das 17 horas no Recinto Feiral “Terra do Queixo&r

Para participar é obrigatorio inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello, en horario de 9 da mañá ás 15 horas ou chamando ao 981500222, agás os participantes da modalidade de disfrace infantil que non é necesaria a súa inscrición. Xunto coa solicitude, os participantes deberán achegar un breve comentario dos traballos que se presentan a concurso, facendo constar tamén o número de acompañantes e o lema para a súa identificación.

En canto ao concurso, o Concello establece varias categorías: disfrace infantil (de 0-16 anos), comparsas ( grupo formado por un mínimo de 6 persoas representando un mesmo motivo) e carroza (grupo mínimo de 4 persoas representando algún tema enriba dun móbil: carro, tractor, motocultor…).

Por cada categoría haberá tres premios polo que, en total, o Concello entregará 2.000 euros.

O xurado estará formado por membros de diversas asociacións e entidades do municipio ou persoas vinculadas ao mundo da cultura e das tradicións. Os membros do xurado, ao outorgar as diferentes puntuacións, terán en conta que sexan vistosos, orixinais e a posta en escena, tanto da carroza/comparsa coma do disfrace; tamén será tida en conta a adecuación dos mesmos con motivos propios do Entroido. En igualdade de condicións, serán preferentemente valorados os deseños propios.

A concentración dos participantes realizarase ás 16.30 horas na explanada do recinto feiral “Terra do Queixo” para comezar o desfile polas principais rúas de Arzúa a partir das cinco da tarde.

Sociedade