ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de 50 traballadores da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de lixo en Santiago, manifestáronse hoxe para esixir a readmisión de tres compañeiros despedidos durante o conflito, ao tempo que demandaron a dimisión da concelleira de Servizos, Marta Álvarez-Santullano, pola súa "xestión nefasta". Cunha pancarta co lema 'Negociación do convenio xa', subscrita por CC.OO., CIG e CUT, os manifestantes, fro
Nunha xornada na que se estaban a producir negociacións entre os traballadores e a empresa concesionaria do servizo do lixo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, agarda unha pronta solución ao conflito. Non obstante, dixo, o Concello ten "dúas follas de ruta", segundo se produza ou non o acordo. Recordou que a partir de mañá sábado, a empresa pública Tragsa empezará a retirada de lixo, confiando que "a situación poida estar normalizada nunha semana". De producirse o acordo, realizarase un reparto de zonas entre Tragsa e a concesionaria. De non ser así, Tragsa substituirá aqueles servizos que a non están sendo prestados polos traballadores de Urbaser. Tamén no caso de non rematar a folga establecerase un dispositivo especial de seguridade.
Analizando o conflito tras 13 días, o alcalde agarda que desta folga se extraia unha "ensinanza pedagóxica" cara a futuras folgas que puideran producirse. "Esperemos –indicou- que isto sirva para que no futuro non se volva convocar unha folga sen esgotar antes a vía de diálogo e sen que exista unha causa para a convocatoria da folga". Cualificou esta folga como "inxusta, intolerable e irresponsable".
"Non queremos derrotados, pero unha parte terá que asumira a súa responsabilidade no prexuízo que causaron aos cidadáns; de feito xa me dá a impresión de que asumiron o seu erro". "Creo que non vai a volver pasar que se convoque unha folga no Apóstolo ou na Ascensión", porque "cos dereitos dos cidadáns non xoga", engadiu.
Sobre a actuación municipal neste conflito, Sánchez Bugallo apuntou que "el só lle debe lealdade á cidade e aos cidadáns. En calquera caso, rematou, con esta folga "a día de hoxe, xa perdemos todos".
Reducións orzamentarias
Sobre o Decreto Lei de medidas de aforro orzamentario aprobadas polo Consello de Ministros, dixo agardar a coñecer o texto definitivo para saber da repercusión exacta a nivel municipal, especialmente no tocante á redución de salarios dos funcionarios. No caso dos cargos públicos, recordou que a redución será "igual ou superior á do resto". A porcentaxe na que se produza esta minoración será a que estableza a propia Federación de Municipios e Provincias. Indicou Sánchez Bugallo que a redución dos salarios dos funcionarios suporá para as arcas municipais un aforro aproximado duns 800.000 euros.
Tamén se remitiu o alcalde á vindeira semana para que se concrete en que medida afectarán a Santiago as medidas de redución do investimento en infraestruturas. Neste sentido, espera noticias dos ministerios de Fomento e de Medio Ambiente.