O Conoco na Revista de Neda

O Conoco na Revista de Neda

13 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo vocal Nois actua esta tarde no acto de presentación da revista de Neda, ás 8 na Casa da Cultura. Vicente Araguas escribe sobre un personaxe singular de Neda no ultimo número. Baixo o titulo de Historias do Hispano- Arxentino Conoco  escribe sobre este singular personaxe que falecía hai uns meses.

Neste nº 11 aparece a semblanza dun personaxe ben singular, un director de cine George Romero, neto dun nedense emigrado a Cuba, segundo o coordenador da revista, Manuel Pérez Grueiro.  

Non falta tampouco o recordo do alcalde republicano, Manuel Gómez Pita. O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, co crítico literario, Fernando Bores presénta o novo número da publicación esta tarde na Casa da Cultura.  O acto péchase cun concerto musical do grupo vocal Nois, de 8 compoñentes: Ana Amado e Cris Mariño como sopranos; Miriam Fdez e Ester Silva (contraltos), os tenores, Juan Brage e Roberto Amado, Carlos Couceiro (barítono) e André Pazos (baixo). Completase co técnico de son, Victor Gacio.

Máis que se abordan neste numero, atopamos un traballo de Fernando Cendán, sobre “Mais dun século de teatro en Neda”; outro sobre “Os últimos carpinteiros de ribeira” ou tamén sobre “ A escola republicana en Neda” asinado por Mª José Lopez Perez.

Cultura