O conselleiro do Mar dimite tras ser imputado por agresión sexual a Paloma Lago

O conselleiro do Mar dimite tras ser imputado por agresión sexual a Paloma Lago
05 de Xuño, 2025 - 08:37 h. | Publicada por Radio Fene

Alfonso Villares dimite como conselleiro do Mar ao ser investigado por agresión sexual.  A presentadora de Ferrol Paloma Lago interpuxo a denuncia por uns feitos acaecidos o pasado 27 de decembro. Villares asegura ser inocente e explica que renuncia ao aforamento para poder comparecer ante a xustiza coma calquera outro cidadán. Na rolda de prensa non admitiu preguntas da prensa. 

Fontes cercanas a Villares indican que o ex alcalde de Cervo e Paloma Lago  mantiveron durante meses unha relación sentimental tras coñecerse no verán do pasado ano. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia comunicoulle onte mesmo a súa condición de investigado por agresión sexual. A oposición pide explicacións ao presidente da Xunta Alfonso Rueda. O BNG envía unha mensaxe de apoio á denunciante. Se un home poderoso é imputado, quere dicir que as mulleres non calamos ante este tipo de situacións, sinala a deputada nacionalista Noa Presas. Para a parlamentaria do PSdG PSOE Paloma Castro, feitos desta natureza, de confirmarse, serían absolutamente inadmisibles en calquera persoa, pero moito máis se cabe en quen ostenta un cargo público. Os xulgados de Ferrol volven facerse cargo da denuncia contra o xa ex conselleiro do Mar ao dimitir Alfonso Villares como conselleiro e como deputado. Na cidade departamental verase o caso pola presunta agresión sexual do ex-conselleiro da Xunta de Galicia contra a presentadora Paloma Lago. 
 

Institucional

Publica o teu comentario agora