O Consello da Xunta adxudica o Auditorio de Lugo cun prazo de execución de tres anos

O Consello da Xunta adxudica o Auditorio de Lugo cun prazo de execución de tres anos

14 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“Por fin”, foron as palabras que empregou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao anunciar a adxudicación das obras do Auditorio de Lugo, “pendentes dende había 15 anos”, afirmou. Con todo, a Unión Temporal de Empresas formada por Construcións FCC, Mon e Vilamiño aínda dispón dun prazo para a construción de tres anos. Co acordo do Goberno péchase a fase administrativa

Sen marchar da provincia lucense, o Gabinete autonómico declarou proxecto sectorial de interese supramunicipal o gasoduto que Gas Natural Fenosa estenderá pola Mariña e que, entre outros beneficiarios, ademais de 80.000 novos veciños con acceso a esa enerxía, terá ao complexo industrial de Alcoa en San Cibrao. O Goberno galego sostén que o proxecto leva seis anos de adiamento pola indecisión do Executivo estatal. A rede do gas, suporá un investimento de 26 millóns de euros, estenderase por un traxecto de 64 quilómetros. 
Moita máis distancia, 1.170 quilómetros é o que cobren as estradas de titularidade autonómica na provincia de Pontevedra, e para as que a Xunta vén de aprobar un fondo de 24 millóns de euros. Segundo explicou Feijóo, con eses cartos “blíndase” durante cinco anos a conservación da rede viaria e estase preparado para desenvolver actuacións de axuda á mobilidade e de atención a incidencias como as que se producen no inverno. O titular de San Caetano salientou que se trata dun gran esforzo económico en tempo de crise que lle impedirá “a este Goberno e ao que veña, diminuír a calidade das estradas”. Tamén avanzou que esta achega, que xa se concretou para A Coruña e Lugo, poida estenderse dentro de pouco á provincia de Ourense.
En materia social, o Consello da Xunta deulle o visto bo a unha subvención de 4 millóns que terá por obxecto manter 138 prazas de menores en centros de internamento ou de medio aberto para execución de medidas xudiciais. 
Institucional