O Consorcio de Santiago doa 120 títulos á biblioteca Ánxel Casal

O Consorcio de Santiago doa 120 títulos á biblioteca Ánxel Casal

12 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Consorcio de Santiago entregou hoxe 120 títulos das publicacións impulsadas en relación á capital galega destinados ao fondo local da biblioteca pública 'Ánxel Casal'. O obxectivo é emendar as "carencias" en exemplares sobre a historia de Compostela.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, desprazouse ás instalacións da biblioteca para celebrar un acto simbólico de entrega, durante o que recordou que "supón o cumprimento dun compromiso adquirido na última visita". O rexedor municipal explicou que "dos 120 títulos publicados polo Consorcio" da cidade, que considerou "a día de hoxe a colección máis completa e ampla" sobre Santiago, "non había ningún" no fondo local da Ánxel Casal. Entre eles, atópanse traballos sobre arquitectura, universidade ou das fábricas de curtidos entre outros e que abranguen dende a época de Xelmírez ata o século XX. Así, lamentou que entre eles "hai moi poucas publicacións sobre o século XX xa que, "pola potencia da súa historia, faise moito máis esforzo" nos estudios entre século X e XIX. Así, confiou en que "máis adiante" se centren tamén "no século IX, e o século XX e o XXI", que considerou "imprescindibles".

Finalmente, destacaron que "grazas a que a biblioteca dispón moitos exemplares do mesmo volumen", facilitarase tanto o empréstito como a consulta en biblioteca dos fondos aos usuarios, que serán "de grande utilidade para os nenos, que fan moitos traballos sobre a cidade na escola".

 

Sociedade