O corpo fala

O corpo fala
14 de Maio, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Sen falar transmitimos mensaxes. Comunicamos moito máis do que nos parece. A nosa presencia, a posición e os movementos do corpo e os xestos que facemos din moito de nós. Partindo do exemplo do xogador do Deportivo Lucas Pérez, analizamos a importancia da comunicación non verbal no espazo Vilanova, co psicólogo José Barcia. “Sería bo ter en conta o seu poder”, advirte.

ESCOITA O PODCAST:



http://173.255.131.18/audio/120523BARCIA.mp3

Fotografía: Lucas Pérez nunha imaxe do R C Deportivo

 

“Sen falar, Lucas Pérez transmite compromiso co club e a afección, fíxoo cando fichou polo club e tamén coa súa rápida incorporación logo da operación á que foi sometido. Manda unha mensaxe de esperanza importantísima no deporte de competición”, explica Barcia.  Sen palabras dicimos moito e as mentiras nótanse nos xestos que facemos. Por exemplo, segundo os estudosos da comunicación non verbal, se agochamos as mans ou tapámola boca ao falar o noso interlocutor percibirá que algo non cadra.  Mostrar as palmas das mans significa que dis a verdade. Das posturas pódese interpretar o estado de ánimo… A comunicación non verbal fala de nós e ás veces desvela cousas que non queremos que se saiban”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora