O CPS de San Valentin abre nova etapa

O CPS de San Valentin abre nova etapa

13 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro de Promoción Social de San Valentín (Fene A Coruña) abre esta tarde unha nova etapa tras os problemas xurdidos para atopar xunta directiva. Dez asociados forman a candidatura que hoxe recibirá o respaldo da asamblea. A reunión comezará ás sete da tarde en primeira, e as sete e media en segunda convocatoria.

Formarán a directiva Juan Miraz Garcia, Jose Francisco Fonterosa Blanco, Hector Seco Castro, Dolores González Martinez e Paz Lopez Galego. Tamén integran a xunta Silvia Seoane Nuñez, Julia Pereiro Garcia, Susana Castro Pena, Vicente Cabalar Castro e Alberto Garcia Pita. Se todo transcurre segundo o previsto, a vindeira semana abriráse o periodo de inscrición nas actividades que comezarán no vindeiro mes de xaneiro.

O Centro de Promoción Social de San Valentín naceu en novembro de 1977 desenvolvendo actividades deportivas e culturais, pero asumindo tamén reivindicacións veciñais nesta barriada creada por unha cooperativa de traballadores de Astano. Dende aquela organizou numerosos eventos e actividades estabeis. Posue un local en propiedade que alberga cafetería, salón de actos, axencia de lectura e outras dependencias.

 

Sociedade