O crime do Salón de Severa

O crime do Salón de Severa
17 de Febreiro, 2025 - 11:38 h. | Publicada por Radio Fene

Tal dia coma hoxe de 1917 un suceso conmocionou á comarca de Ferrol. A representación dun apropósito do Entroido no salón de Severa de Fene  rematou cun morto. A obra ridiculizaba ao farmacéutico e dirixente agrarista Xenaro Moreda. O boticario presentouse no salón e esixiulle ao alcalde que parara a sátira. Produciuse unha refrega e resultou morto o autor da comedia Agustín de Burgos. Moreda foi detido e pasou seis meses en prisión. Foi un dia coma hoxe o 17 de febreiro de 1917.

Fotografía Xan Xe

O profesor universitario Miguel Cabo fala desa época, o tempo convulso da revolución rusa e da Primeira Guerra Mundial. O ferrolán Canalejas, co Partido Liberal, intentou establecer pontes co agrarismo e co partido Solidaridad Gallega que dirixía o avogado Rodrigo Sanz. 

Genaro Moreda, desde o carcere facilitou ao periódico Ecos del Eume a súa versión do suceso:

"Dous matóns entraron no salón de Severa e se abalanzaron a min. Eu defendinme, advertíndollles que non me tocasen. Loitamos, rodamos duas veces polo chan,soou un disparo, e ... Non fun eu, foron eles, os cobardes que non quixeron evitalo, os infames que puideron impedilo; os canallas que o desexaban".

 

Genaro Moreda mantén unha intensa actividade asociativa e anticaciquil en Solidaridad Gallega e na sociedade agrarista A Necesaria, que preside en 1913, 1919 e 1920. A Necesaria tiña unha sección de seguro do gando, máquina de mallar e tenda economato. Funciona desde 1907 a 1936. 

 

Na imaxe o estudoso do agrarismo Miguel Cabo Villaverde

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora