O cultivo do castiñeiro clausurase coa creación da primeira Asociación pro valorización dos soutos

O cultivo do castiñeiro clausurase coa creación da primeira Asociación pro valorización dos soutos

11 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O curso o cultivo do castiñeiro, que se desenvolveu ao longo do mes de outubro e novembro, o primeiro destas características que se realiza nas comarcas do territorio AVINZA, rematou o martes co compromiso dos alumnos e alumnas, alcaldesa da Bola, da Reserva da Biosfera e do grupo de desenvolvemento rural de traballar pola creación da primeira Asociación pro valorización dos soutos. A futura entidade acollerá a todas aquelas persoas que teñan interese en mant

A asociación nace co obxectivo de valorizar, investigar e difundir todas aquelas cuestións relacionadas cos soutos e especialmente traballar pola creación de emprego, con fin ultimo de crear a medio prazo unha cooperativa de aproveitamento da castaña e de recursos naturais asociados.

Ao longo deste mes e do vindeiro organizaranse xornadas de divulgación ao longo dos concellos da Reserva da Biosfera Area de Allariz en busca de socios e socios para a creación da asociación, para tela constituída a primeiros de ano de 2011 e comezar a traballar na vindeira anualidade. Dende hoxe poden anotarse ou informarse desta iniciativa na casa do concello da Bola ou nas oficinas de AVINZA GDR 15. 

O curso clausurado, enmárcase no proxecto de cooperación AMBIEMPLEAte, un proxecto que comeza con grandes resultados. Segundo a xerente, Eva González, “é incrible como responden as persoas deste territorio ante calquera iniciativa que se queira por en marcha, as persoas é o mellor potencial que temos,  pois o éxito deste cursos débese especialmente a eles, ao amor que senten pola súa terra e por que cren no que teñen. Debemos aproveitar ese potencial humano, pois cando algo sae do corazón, coma este iniciativa, ten que dar froitos”.

Desde o GDR agradecen a todos os alumnos e alumnos, polo esforzo, interese no curso e o compromiso de seguir traballando pola conservación e mellora dos soutos. Un agraddecemento que se estende tamén, ao profesor, Javier Florez, un experto en castañicultura, que tivo moito que ver en acadar estes bos resultados.  

Especialmente interesante foi apreciar como somos capaces de compartir, aprender e planificar en conxunto, persoas de diferentes idades, formacións e orixes, que teñen un obxectivo común. E de aí sae a proposta da asociación e a maiores un poema escrito por un dos alumnos dedicado ao castiñeiro, que poden consultar na páxina web da AVINZA GDR 15, e no que se reflicte moi ben o que foi este curso, o que se aprendeu e o que queremos para os nosos soutos.

Sociedade