O Culturgal celebrarase en decembro na Coruña organizado polo propio sector

O Culturgal celebrarase en decembro na Coruña organizado polo propio sector

22 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os produtos culturais do país volverán ter o seu gran escaparate no Culturgal, a Feira Galega das Industriais Culturais. Logo dos problemas de apoio institucional que sufriu este evento tralo cambio de goberno na Xunta, o sector decidiu autoorganizarse. Os editores, as compañías audiovisuais, os produtores teatrais e as empresas discográficas uniron as s&uac

“Trátase dun importantísimo esforzo en mancomún”, declarou a Radiofusiòn o novo presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado. A Asociación Culturgal conformouse onte e integra, ademais de ao colectivo encabezado por Bragado, a Escena Galega, Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación Galega de Fonografistas (Agafono). O seu presidente será Xulio Amigo, da Editorial Galaxia, mentres que o actor e produtor teatral Ernesto Chao ocupará o posto de vicepresidente.

A Feira Galega das Industrias Culturais naceu en Pontevedra da man da Asociación Galega de Editores co obxectivo de visibilizar os produtos culturais feitos en Galicia e na lingua do país. Durante o Goberno bipartito, o departamento de Cultura apostou polo evento e asumiu a súa organización. A actual consellería non financiou este ano a cita, alegando que non lles deixaran consignada partida económica para tal fin. Desde o concellería de Cultura da Coruña tomaron o relevo impulsando, en novembro do ano pasado, un evento alternativo de similares características, o AchegArte. Tras todo estes problemas, o sector decidiu crear unha asociación independente para manter a feira. Se todo vai segundo o previsto, o Culturgal volverá abrir as súas portas o vindeiro mes de decembro na cidade herculina.

Cultura