ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Curumín quere dicir en guaraní pequeno indio. Esta fermosa palabra dá título á proposta de concerto e tamén é unha das cancións do repertorio. A canción vai adicada ao fillo de Eugenia Sanmartin e, ao fin, “á vida mesma”. “O feito de ser mamífera conforma unha das vías máis ricas para a miña inspiración”, asegura a cantante ferrolá. Eugenia Sanmartín ofrece o concerto ás nove desta noite no Círculo de Perlío en Fene.
O concerto deste venres incluirá un repertorio mesturado de temas propios e alleos, e tamén de poemas musicados e ditos da artista. As músicas veñen da Galicia, do Brasil, das Américas... “o horizonte atlántico ao que verte a nosa terra leva e trae lingua e son”, afirma Sanmartín. “Procuro coa voz e a guitarra e a percusión facer chegar aos vosos oídos cancións que, agardo, cheguen ao corazón que late nos peitos”.
Na imaxe de Xan Xe, Eugenia Sanmartín na Praza da Fariña da Coruña. Camiñada do podcast "Lobos doentes". 30 de setembro de 2022
Publica o teu comentario agora