O custe das lesións

O custe das lesións
04 de Novembro, 2025 - 04:23 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños feminino está tendo dificultades para puntuar esta tempada. O domingo viaxou minguado de xogadoras ata Dumbria e iso notouse, como sinalou en Radio Fene o adestrador Xurxo Rodríguez.

ESCOITA O PODCAST:

Tres goles imparables marcados na primeira parte pola mesma xogadora do Dumbría, desde fóra da área, condicionaron o partido que acabou 5-1. O gol do Maniños marcouno Lucía, que soubo aproveitar un erro da defensa do equipo local. Na segunda metade o Maniños sufriu pola falta de efectivos. Os últimos vinte minutos so tivo dez xogadoras no campo, debido á lesión de Laura, a capitana, despedida con unha ovación da afección. O adestrador do Maniños eloxiou a deportividade e o respecto que recibiron do público local.

Deportes

Publica o teu comentario agora