O custe do AVE entre Lubián e Ourense

O custe do AVE entre Lubián e Ourense

25 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, solicitou esta mañá a comparecencia na Cámara Alta do Ministro de Fomento, José Blanco, para que aclare diversas cuestións relacionadas co proxecto construtivo do AVE a Galiza, en concreto a liña Lubián-Ourense. Pérez Bouza quer que o Ministro acuda á Cámara para aclarar aspeitos como os tempos de viaxe de Madrid até as principais cidades galegas, o financiamento para ca

Así, o senador do BNG explicou nunha rolda de prensa en Ourense que “é preciso que Blanco explique os tempos de viaxe para unir as principais cidades de Galiza con Madrid, e a que se debe o incremento de aproximadamente 30 minutos máis respeito ao anunciado con anterioridade. Debe aclarar este aspeito porque o tempo é un parámetro moi importante xa que significa competitividade”.

Coñecer o custe do quilómetro de integración do AVE en Ourense, non desde Taboadela

En segundo termo, sinalou Pérez Bouza, debe informar “que fórmula se vai empregar para garantir o financiamento necesario para cada ano a fin de que as obras se executen sen retrocesos”. Subliñou que fan falla uns 500 millóns cada ano “e pergunta como se van garantir eses cartos”. Lembrou as palabras do Ministro quen dixo que nos contratos coas empresas se vai recoller unha fórmula para que se cumpran os prazos. Cal vai ser esa fórmula? Cómo van facer para que se cumpra? E no caso de que se incumpra, que medidas se van adoptar?”.

Por último, o senador do BNG demandou ao Ministro de Fomento que explique “cal vai ser a cantidade exacta do custe da integración do AVE en Ourense, e con iso, refírome ao quilómetro de integración da liña na cidade e non ao custe da liña desde Taboadela. É preciso que aclare esta cuestión porque cada día se fala dunha cifra o cal denota unha total falla de rigor”. Pérez Bouza argumentou a necesidade de que o Ministro acuda á sede parlamentar a aclarar todas estas cuestións para “ver se o compromiso do Ministerio se substenta en dados concreto e non en suposicións moitas veces contraditórias”.

Institucional