ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Deportivo xa ten o seu nome oficial en galego. Por abrumadora maioría, a masa social do club da cidade da Coruña, aprobou que a denominación oficial pase a uttilizar o topónimo oficial. Respaldaron a opción galega case 8 de cada 10 persoas abonadas, segundo se deu a coñecer esta mañá na xunta de accionistas da entidade.

O punto principal da sesión foi a información sobre o resultado da consulta vinculante realizada ás persoas abonadas do Club entre os días 17 e 21 de xuño, na que se lles preguntou se o RC Deportivo debía adaptar a súa denominación social ás disposicións da Lei 2/1998.A consulta contou cunha participación do 55,96% sobre o censo de abonados con dereito a voto e arroxou un resultado favorable á modificación nunha porcentaxe superior ao 79,41% dos votos validamente emitidos.
Publica o teu comentario agora