ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xogos tradicionais e de psicomotricidade, atletismo, spinning, baloncesto 3x3 ou fútbol sá. Son algunhas das propostas que a Concellería de Xuventude, Ocio e Deporte de Fene presenta de cara ao vindeiro domingo, Día do Deporte na Rúa.
O Día do Deporte na Rúa de Fene cambia de escenario. No canto de celebrarse na Avenida Marqués de Figueroa, este ano desenvolverase en boa parte da Avenida do Tarrío e rúa Eduardo Neira, ademais de ocupar as pistas do Círculo de Perlío.
Tamén haberá novidades en canto ás actividades organizadas para o próximo domingo, 5 de xullo.Ás tradicionais de esgrima, tiro con arco, voleibol, dardos ou spinning, súmase este ano un slalom en cadeira de rodas con paralíticos cerebrais, organizado en colaboración coa Asociación Aspace de Sada. Tamén haberá unha demostración de boccia, baloncesto en cadeira de rodas, un futbolín humano e inchables para desfrute dos máis pequenos.
Tódalas persoas interesadas en participar nas actividades do Día do Deporte na Rúa deberán pasar, durante o desenvolvemento da xornada, pola caseta da organización, emprazada fronte ás instalacións do Círculo de Perlío, onde recibirán unha camiseta conmemorativa do evento. O horario da actividade será de once da mañá a unha e media da tarde.