ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Estamos preto do primeiro domingo de setembro, o que quere dicir que a festa do pan de Neda, tamén se achega. Ao longo da semana se veñen desenvolvendo diferentes actividades arredor deste producto tan típico no concello. O sábado, véspera do día grande da festa, celebrarase un festival solidario co que se recaudará diñeiro para unha asociación benéfica. Os Zares e mailo concello de Neda son os organizadores desta cita en favor dos m&aacu
Será o domingo cando a festa do pan, propiamente dita teña lugar. A partir das 10 da mañá os postos de artesáns estarán á disposición de todo aquel que se achegue ata o paseo de Neda, diante do albergue de peregrinos. Na festa poderán degustarse todo tipo de pan elaborado por 6 panadeiros que participarán nesta vixésimo primeira edición. Tamén os máis pequenos terán o seu protagonismo, segundo comunicou en Radiofusión a concelleira de cultura de Neda, Isabel Fernández.
Ademais ao longo da xornada desenvolveranse outros actos. Haberá un xantar popular con churrasco, empanada, bola, pan e bebida a 10 euros por persoa. Tamén o deporte ten cabida nesta festa e diversos concursos deportivos ocuparán o tempo dos que non poden estar quietos. Xa máis metidos na noite, haberá festa rachada con grupos musicais, que durará ata que o corpo aguante, como comentou a Concelleira de Cultura.