ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Eran uns nenos, tiñan 14 e 15 anos cando entraron na Escola de aprendices de Astano Chema Vázquez e Xosé Sardiña. Chema e Xosé forman parte dunha promoción de cincuenta rapaces da comarca que entraron en Astano como aprendices, “ás 7 de mañá do día 8 do 10 do 73”, lembra con precisión matemática Xosé Sardiña. Para conmemorar o cincuenta aniversario daquel feliz momento, seis deles recolleron as súas lembranzas nunha publicación. Recordos que compartiron Chema Vázquez e Xosé Sardiña coa audiencia de Radio Fene
Cando os admitiron foi o día máis feliz. “Era o mellor que che podía pasar naquel momento, ser aprendiz”, conta Chema que lembra como se fora hoxe a gran felicidade que sentiu ao ver o seu nome la lista de admitidos. Aos dous lles viña de familia. Pensaban que tiñan traballo para toda a vida. Ata que chegaron os amargos anos da reconversión. Coas primeiras 100 pesetas que cobrou, Sardiña foi ao cine a Perlío. Daquela, o cine custaba 75 pesetas e coas 25 restantes daba para un refresco. “Por 100 pesetas levántome ás seis da mañá”, reivindicou Xosé Sardiña o adianto que lle correspondía que non lle daban pagado. Os aprendices recibían o adianto semanalmente “daban un sobre con 100 pesetas”, explica Chema.
Publica o teu comentario agora