ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A biblioteca municipal de Fene organiza un curso de banda deseñada este xoves 26 de marzo, dende as 6,30 da tarde. O encargado de dirixilo será o creador David Prieto Seijo "Gochi", que impartirá a actividade a xeito de obradoiro exprés.
O obradoiro vai dirixido a nenos e nenas maiores de 9 anos, e para asistir é necesario inscribirse previamente na biblioteca municipal. O número máximo de participantes é de 15, e o material necesario para a actividade será suministrada polo responsable.
A partir das 18:30 e durante unha hora e media, os rapaces e rapazas farán esta primeira inmersión no mundo da banda deseñada. Non é imprescindible saber dibuxar, segundo advirte, Gochi. Para participar nesta actividade será necesario inscribirse previamente na Biblioteca Municipal (Avda. Conces, 20-22 C.P. 15500 Fene - A Coruña. Tlf.: 981-342302