O debuxante Michel Casado doa caricaturas ao Museo do Humor de Fene

O debuxante Michel Casado doa caricaturas ao Museo do Humor de Fene

15 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O debuxante vigués Michel Casado doa vinte e unha caricaturas ao Museo do Humor de Fene. Trátase dunha serie de caricaturas de personaxes relevantes galegos, fundamentalmente do eido da cultura, da política e do deporte. As obras, presentadas en formato A1, foron relizadas en 2009 con técnica dixital e posteriormente impresas en PVC.

Entre os personaxes retratados salientan a actriz Teté Delgado, a gaiteira Susana Seivane, os actores Luis Tosar, Antonio Durán “Morris” e Ernesto Chao, ou os modistos Adolfo Domínguez e Roberto Verino.  

As obras, entregadas á Concellería de Cultura pasarán agora a formar parte dos fondos do Museo do Humor de Fene, podendo exhibirse nas súas dependencias, en mostras itinerantes ou publicacións desta institución.  

Michel Casado (Vigo, 1978) é caricaturista e ilustrador profesional. Traballa dende 2008 facendo caricaturas en vivo en eventos e caricaturas dixitais por encargo, ademais de facer traballos como ilustrador para álbumes ilustrados.

Sociedade