O decreto de reforma da Formación Profesional non precisa do visto bó do Consello escolar, afirma a Xunta

O decreto de reforma da Formación Profesional non precisa do visto bó do Consello escolar, afirma a Xunta

24 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O decreto de reforma da Formación Profesional polo que se crearon sete novos centros integrados no canto de outros tantos institutos de secundaria "non é de paso preceptivo polo Consello Escolar de Galicia". Afírmao a Consellaría de Educación nun comunicado emitido para responder ás acusacións do sindicato CIG-Ensino, que se opón á norma que supón o traslado obrigatorio e efectivo xa co inicio do pr&oacute

A Xunta sostén que a modificación que formula non é unha norma que parta "de cero", senón que o decreto se realizar ao abeiro doutra norma que regula os centros integrados de FP. Xa que logo contaría con "potestade autoorganizatoria", o que, na práctica, fai que a reforma "non se axuste aos casos de consulta preceptiva establecidos na Lei de Consellos Escolares de Galicia". Asemade, Educación explica que someteu o decreto á análise da Asesoría Xurídica do Goberno, que apoiaría a aprobación do decreto sen necesidade de ditames do Consello Escolar nin do Consello Consultivo. "A Consellaría actuou conforme a dereito ao levalo directamente ao Consello da Xunta", resolve o comunicado.

Sociedade