ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cales son os pasos para tramitar unha herdanza? Esa é unha xestión á que toca enfrontarse nalgún momento da vida, en circunstancias delicadas pola perda dalgún ser querido. A avogada María Álvarez Real explica en Radio Fene os trámites que hai que facer.
Conseguir certificados de defunción e de últimas vontades é o primeiro. Posiblemente nos axude niso a propia funeraria. O certificado de últimas vontades pode solicitarse directamente e de balde na web do Ministerio de Xustiza, pero hai que contar cun certificado dixital, sinala María Álvarez Real, que aconsella, na medida do posible, acudir a un avogado ou unha xestoría para facilitar os trámites. A partir dese momento toca acudir á Notaria, na que estea depositada o testamento se o hai, ou para facer unha declaración de herdeiros. Se o morto deixou débedas tamén se herdan. “Porque un morra as débedas non desaparecen, pasan aos herdeiros forman parte do caudal hereditario como o resto dos bens.” Normalmente, páganse co patrimonio ou cartos que se reciben. Tamén quen hai quen opta por renunciar a herdanza ou podemos acollernos a outra figura prevista pola lei, “aceptala a beneficio de inventario, un réxime xurídico para protexernos e evitar herdar débedas que vaian no noso detrimento”.
Publica o teu comentario agora