ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Delfín Modesto Brandón foi o derradeiro xuiz do Couto Mixto, pero as súas xentes souberon gardar a memoria. O 23 de xuño de 1868 este territorio perdeu a súa singularidade histórica. A veciñanza de Santiago, Rubiás e Meaus, na raia seca, ainda conserva a fachenda de pertencer ao que puido ser a “Andorra galega”.
Unha estatua de Delfín Modesto, e diferentes placas lembran esa persoalidade na igrexa de Rubiás. No seu interior gárdase a arca de tres chaves coa documentación relativa a este territorio que foi independente de España e Portugal. No adro da igrexa reuníase a “xente de acordo” ou asemblea cidadán da comunidade. En Rubiás hoxe viven de xeito permanente vintecatro persoas ainda que a poboación aumenta significativamente nos meses do vran.