ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O paro volve ensinar o seu rostro máis desagradable ao finalizar o verán. En setembro rexistrouse un novo incremento do número de persoas apuntadas nas oficinas de emprego.En Fene están nesa situación 1073 persoas, fronte aos 1028 de agosto. En Ferrol hai 6.294 parados (6.020 agosto) e en Ferrolterra 13.044 (12.368 o mes anterior).
A fin do verán provoca o incremento do paro rexistrado tamén en Galicia. O número de persoas apuntadas nas oficinas de emprego do país queda en 194.336 tras aumentar en 1.291 (+0,67%) no pasado setembro con respecto ao mes anterior, un aumento case idéntico ao experimentado no conxunto do Estado (+0,62% e 22.801 persoas). No entanto, o mercado laboral galego volve amosar a súa febleza. A comunidade perdeu no pasado mes 6.218 afiliados á Seguridade Social, cinco veces máis do aumento do paro rexistrado. Pola contra, en España a cifra de cotizantes medrou en máis de 12.000 malia o medre tamén do desemprego.