O descontento polas concesións mineiras de Erimsa na Terra Chá manifestarase o domingo en Santiago

O descontento polas concesións mineiras de Erimsa na Terra Chá manifestarase o domingo en Santiago

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os colectivos que se posicionaron en contra das concesión mineiras de A Terra Chá acudirán a unha mobilización convocada pola rede cidadá “Galiza non se Vende” o vindeiro domingo 15 de febreiro en Santiago.

Baixo o lema “Goberne quen goberne, Galiza non se vende. A Terra Chá non se vende. Terra viva e digna para tod@s!”, os afectados polas concesións de Erimsa en Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza, percorrerán as principais rúas de Compostela. A saída esta fixada ás doce da mañá na Alameda da capital galega.

Esta medida de presión ven a sumarse aos recursos de alzada e revisión ante o TSXG para conseguir a nulidade das concesións, as alegacións contra a Lei de Minaría e aos escritos dirixidos ao Valedor do Pobo e as distintas administracións que poidan ter responsabilidades neste proceso.

Sociedade