ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene ofrece asesoramento xurídico a través dos Servizos Sociais ás persoas que non dispoñen dos recursos e precisan o amparo da Xustiza para saír dunha situación conflitiva. Unha iniciativa da Concellería de Benestar e Igualdade, dirixida por Sandra Permui, que contratou o servizo coa letrada Susana Martínez Galdos.
O persoal dos Servizos Sociais conta co apoio dunha especialista en Dereito á que deriva os casos que precisan de asesoramento xurídico. Son temas moi variados os que atende Susana Martínez Galdos. Problemas de violencia de xénero ou familiar, temas de menores, casos de desafiuzamento de persoas vulnerables ou persoas estranxeiras en situación irregular. Desde o servizo de asesoramento xurídico dan información de como abordar cada situación conflitiva, se convén pedir o respaldo xudicial ou se hai dereito á Xustiza gratuíta, da que poden beneficiarse todas as mulleres vítimas de violencia machista.
“O difícil é dar o primeiro paso, se das ese paso sempre tiramos para diante”, destaca a responsable do servizo de asesoramento xurídico dos Servizos Sociais. “Hai que confiar na Xustiza porque cando vives unha situación moi tóxica a única solución é a Xustiza”, engade. A atención é presencial, os martes, de 10 a 12, no departamento de Servizos Sociais, en San Valentín.
Publica o teu comentario agora