O Dinamo de Moscova fíxose co Trofeo do VII Memorial Celso Currás

O Dinamo de Moscova fíxose co Trofeo do VII Memorial Celso Currás

22 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Trabada viviu esta fin de semana dúas intensas xornadas de fútlbol sala da mellor calidade. O sábado dúas semifinais de alto nivel, o derbi provincial entre o  CD Burela FS e o Azkar Lugo FS e o partido entre o Autos Lobelle de Santiago e o internacional Dinamo de Moscova, campión no seu país da última competición. O Burela FS e o Lobelle quedaron eliminados, e a gran final disputouse entre o Azkar Lugo e os rusos, que finalmente se dixeron con un

A fin de semana comezou cun vibrante derbi luguéso sábado entre o CD Burela FS e o Azkar Lugo FS, no VII Memorial Celso Currás; a garra e presión dos laranxas non impediron que o resultado caera do lado transportista (4-1). O Dinamo de Moscova, no outro partido eliminatorio se impuxose ó Autos Lobelle de Santiago polo mesmo resultado.
O choque entre Azkar e o Burela FS deparou emoción e intensidade, con moitas oportunidades para ambos os conxuntos. No entanto, no intercambio de golpes a fortuna aliouse co Azkar para inaugurar o marcador, no minuto 9, nunha contra culminada por Aranburu. En menos dun minuto, chegou o 2-0, de Ossorio. Lonxe de virse abaixo, os burelaos intentaron reducir as distancias intensificando a presión, pero, cos dous equipos cargados de faltas, o Azkar subiu o 3-0 nun dobre penalti. Juanma e Víctor Cachón, dende os dez metros, tiveron senllas ocasións sen o final desexado. No reinicio, o Burela FS tomou a iniciativa e o peso do encontro na busca da ansiada recompensa, que chegou no minuto 30, cun gol de Ique á escuadra. Pero os lucenses remataban o marcador cun 4 a 1.
Na gran final non houbo lugar á sorpresa. O poderoso Dinamo de Moscova deu conta do Azkar no Memorial Celso Currás e proclamouse campión do cuadrangular de Trabada. Os lucenses apostaron pola súa habitual entrega, pero foi insuficiente para derretir aos talentosos rusos. O Dinamo partía como claro favorito antes de que o balón botase a rodar. E, para máis inri, un gol de Tatú no segundo minuto elevou a confianza dos moscovitas. O 0-3 parecía deixar sentenciado o choque no acto inaugural. Pero o Azkar sacou novos bríos inda que se mostrou impreciso nas súas oportunidades e finalmente a victoria foi para os rusos cun marcador de 2 -7.

Deportes