O do bipartito foi unha autoderrota, segundo Fermín Bouza

O do bipartito foi unha autoderrota, segundo Fermín Bouza

05 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O profesor universitario afirma que dende hai varios meses notábase no electorado do bipartito “unha posición derrotista e a confrontación interna entre os dous socios restoulle entusiasmo á súa base social”. Apuntou ademais o escaso fincapé feito pola anterior Xunta de Galicia de dous datos positivos obxectivamente favorabeis: Os bós resultados económicos dos últimos 4 anos coa comunidade medrando por riba da media española, e a escasa confrontación política rexistrada no período de goberno, en comparación coa visceralidade que se vive en Madrid.

Sociedade