O documental 854 amósanos a faciana máis dura do planeta

O documental 854 amósanos a faciana máis dura do planeta

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha producción audiovisual contra a fame proxéctase mañá en Ferrol. O documental "854" estrea unha iniciativa promovida polo Concello ferrolán xunto á entidade Acción contra a Fame Galicia. Mañá xoves 24 de setembro, na Casa da Xuventude proxectarase a película documental filmada en 2007 en Níxer, o quinto país máis pobre do mundo. Unha cinta que narra a realidade de 854 millóns de persoas que sufr&i

"854" suporá unha ferramenta fundamental para dar a coñecer unha realidade moitas veces ignorada que contrasta coa sociedade occidental. Dos 1.020 millóns de persoas que hoxe sufren fame no mundo, case 20 millóns padecen desnutrición aguda severa e outros 5 millóns de nenos e nenas morren por falta de tratamento nutricional. Todos os cidadáns e cidadás que o desexen poderán asistir ao pase na Casa da Xuventude, con entrada libre e gratuíta.

Tras a película, Concello e Acción contra a Fame inaugurarán nas mesmas dependencias a exposición "Mamá Hambre", da cooperante Marina Espriu, que reflicte o paradoxo en que se atopan as mulleres en África. A pesares de constituír o motor de desenvolvemento das súas comunidades, son as primeiras vítimas da fame. A mostra permanecerá aberta entre o 24 de setembro eo 14 de outubro.

Sociedade