O documento inicial do novo PXOM de Fene será presentado á veciñanza

O documento inicial do novo PXOM de Fene será presentado á veciñanza

12 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O goberno de Fene iniciará a vindeira semana unha rolda de contactos con entidades veciñais para presentar o documento de diagnóstico e criterios para a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que está en periodo de consultas só ata o vindeiro mércores, 19 de xaneiro.

No mes de decembro foi cando a empresa adxudicataria da elaboración da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fene, Arqyur, entregou un primeiro documento que contén un diagnóstico de datos demográficos, catastrais e económicos do concello, así como uns primeiros criterios de elaboración, como a redución de zonas urbanas e a ampliación do Polígono de Vilar do Colo. O documento foi entregado á Xunta e aos grupos municipais e, para a vindeira semana, o concelleiro de urbanismo, Manuel Ángel Rodríguez, anuncia xuntanzas con entidades veciñais a pesar de que o mércores remata o periodo de consultas.

O prazo de execución do novo Plan Xeral é de 32 meses e, segundo o propio concelleiro de urbanismo, en Fene é necesario porque o anterior documento non se adapta á lexislación vixente. Ademais, segundo o Rodríguez, contempla áreas de planeamento que son "inexecutables" hoxe en día tal e como se atopa o mercado inmobiliario.

Institucional