O edil de Cultura, novo cabeza de lista do BNG en Arzúa

O edil de Cultura, novo cabeza de lista do BNG en Arzúa

26 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

José Luís García López é dende hoxe o cabeza de lista do BNG en Arzúa para as eleccións municipais. O actual edil de Cultura do municipio coruñés substitúe nese posto ao alcalde Xaquín García Couso, logo de que a Xunta Electoral de Zona o declarase inelixible a instancias do Partido Popular. Aproveitando unha interpretación concreta do artigo seis da lei electoral pens

Dáse a circunstancia de que esta sentenza non é firme e está recorrida, e de que a irregularidade urbanística fora cometida no ano 2003 cando gobernaba o PP en Arzúa, pero os conservadores aproveitáronse igualmente da argucia legal. Nesta xornada, o voceiro nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, confirmaba que a fronte ía presentar lista en Arzúa correndo os postos na candidatura, pero confiando en que os seus recursos permitirán que García Couso permaneza na vida política. 

O BNG sostén que a decisión da Xunta Electoral de Zona de Santiago, atendendo ás reclamacións do PP, priva ao seu candidato do dereito fundamental ao sufraxio pasivo e resulta “desproporcionada e contraria ao espírito da lei”. Guillerme Vázquez atribúe esta situación a unha vinganza política dos conservadores logo de que, segundo explicou, se “demostrase” que o cabeza de lista popular, Armando Cascón, tentará “chantaxear” ao alcalde cando aínda ocupaba o posto de director da radio municipal. Vázquez cualificou a actitude do PpdeG como “tontadas”.

Institucional