O encanto do antigo Exipto

O encanto do antigo Exipto
20 de Xaneiro, 2022 - 01:59 h. | Publicada por Radio Fene

Unha historia de intrigas e traizóns no antigo Exipto. Esa é a proposta que nos trae Clara Vila-Amado no libro “Pegadas na tinta”.(Oqueleo 2021) Relata o intento de asasinato do gobernador de Hermontis, unha cidade tranquila, lonxe da trasfega cosmopolita de Menfis e do esplendor crecente de Tebas. Harsa e Takara comezan coa investigación dun pequeño incendio pero rematarán esclarecendo un importante caso.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

Clara Vila-Amado, licenciada en Xeografía e Historia, aproveita a trama para achegarnos á sociedade do antigo Exipto. As mulleres exipcias traballaban fora da casa. Había moitas mulleres escribas, e a médico Neferet foi médico xefe de todo Exipto. Todos os personaxes da novela están baseados en personaxes históricos. A organización administrativa do antigo Exipto estaba centralizada nas capitais das provincias. Despois tamén había outro chanzo do sistema político nas cidades máis pequenas e nos templos. Correos funcionaba moi ben, eran correos militares e levaban armas para se defender. Foi moi moderna ata a súa conquista por Roma. A corrupción non é moderna, existe desde que se configurou o poder como estrutura xerarquica. Cando o faraón funcionaba ben, todo o sistema traballaba de xeito exemplar. A economía vai millor.

Pegadas na tinta. Unha ópera prima dunha escritora que posue talento literario, unha voz suxestiva, cunha sensibilidade privilexiada e unha profunda formación histórica. Clara Vila-Amado é unha narradora de primeira.

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora