ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"As preferentes foron un produto mal comercializado" afirmaron este mediodia en Lugo os voceiros das plataformas de afectados polas participacións preferentes. "Non pararemos ata que cobremos" afirmou o portavoz da plataforma de Lugo Javier Novo. A Unión Europea considera a estes aforradores, "inversores" e por iso, en poucas semanas, saberán cantos cartos perden e se poden canxear os seus aforros por accións do banco ou por bonos.
Unhas 3.000 persoas procedentes de toda Galicia manifestáronse este sábado polo centro de Lugo para esixir a devolución íntegra do investido polos aforradores.
Ao final da marcha, con saída e peche ante o edificio multiusos da Xunta de Galicia na Rolda da Muralla, procedeuse á lectura dun manifesto no que afirmaron que reclamarán a devolución do cento por cento dos aforros por parte do Estado ás persoas que foron enganadas nesta "estafa".
"Non estamos dispostos a aceptar ningunha quita, porque, como eles mesmos recoñeceron, as preferentes foron un produto mal comercializado", sostivo o portavoz da plataforma de afectados en Lugo, Javier Díaz.
Os afectados, procedentes de Vigo, Ferrol, A Coruña, Ourense, Sanxenxo e outros puntos da xeografía galega, advertiron de que non pararán até cobrar as cantidades íntegras.
Á protesta asistiron membros de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e o BNG, entre outros, por considerar que os aforradores que investiron en preferentes foron vítimas dun engano.