ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A piques de rematar o prazo de inscripción para as Escolas Culturais Municipais, xa non quedan prazas para as de “Solfexo e Piano” e “Iniciación á guitarra”. No primeiro caso hai dezasete persoas en lista de espera e no segundo nove, segundo explicou esta mañá en Radiofusión a concelleira de Cultura, Carmen Silvar.
A escola de Solfexo e Piano é un clásico dentro da oferta cultural do Concello. Naceu hai 25 anos e, dende aquela, son moitos os alumnos e alumnas que pasaron por esta actividade coa que se pretende achegar aos participantes unhas nocións básicas de música (entonación, ritmo, canto), combinadas coa práctica ao piano. Segundo Cristina Tucceli, mestra fundadora da Escola, “boa parte do éxito desta actividade radica en terse ampliado a idade de matriculación”.
Mañá remata o prazo para apuntarse ás Escolas Culturais do Concello de Fene. Nalgunhas delas aínda hai prazas como é o caso do obradoiro literario, a escola de informática e a de iniciación ao francés. Tampouco se cubriron tódalas prazas nos obradoiros de circo, reciclaxe e radio que se celebrarán neste último trimestre do ano.
As persoas interesadas en participar en calquera das Escolas Culturais de Fene deben pasar polas dependencias administrativas do pavillón “A Xunqueira” de San Valentín. No caso dos Obradoiros Culturais, as inscripcións realízanse no Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude, na Avenida Naturais, 44, entrechan.