ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza para mañá 4 de xuño novos actos reivindicativos contra a LOMCE e os recortes na educación nas sete cidades, Carballo e Cee. Os actos realizaranse todos ás sete da tarde excepto o de Ferrol que vai ser ás oito. A Plataforma Galega en Defensa en Ensino Público tamén fai un chamamento aos centros para que dean lectura ao manifesto da Plataforma mañá durante o recreo.
Lugares de realizacións dos actos e os/as participantes:
Vigo MARCO (rúa do Príncipe).Participan:
Zanfoneiros Sen Fronteira
Quen cho dera
Estudantado e profesorado anti-LOMCE
Laura Quintillán
O tear de Llerena
Marta Quintana
Tino Baz
Suso Cortegoso
Pepe Carreiro
Celso Parada
Santiago Praza do Toural. Participan:
Alonso Caxade (mestre e músico)
Brais Fernandes e Sabela Dávila "Feito a propósito"
Ferrol. Praza do Himno Galego Participan:
Miguel Neira (música)
Grupo de teatro de Medulio
O mago Fiz
Lectura de poemas a cargo do alumno Daniel Amarelo
Alumnado do Conservatorio Xan Viaño
A Coruña. Performance reivindicativa no Obelisco
Carballo. Concentración na Praza da Concello
Cee . Concentración Praza 8 de Marzo
Lugo. Concentración diante do Edificio Administtativo da Xunta (Ronda da Muralla)
Ourense. Concentración na Praza de San Martiño
Pontevedra. Concentración na Praza da Peregrina
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, Comités, Liga Estudantil Galega, Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA de Compostela, Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Agir, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPAS de Centros de Ensino Públicos das Comarcas Condado-Paranta e Louriñá (FANPO).