O enterro do Entroido

O enterro do Entroido
15 de Febreiro, 2024 - 12:03 h. | Publicada por Radio Fene

Dezasete comparsas participarán mañá venres no enterro da sardiña do barrio de Ultramar de Ferrol. A festa infantil da tarde coa temática de super-heróes desenvolverase entre as cinco e as sete e media da tarde. O desfile comezará ás oito e cuarto da Rúa Venezuela.

Moi animado resultou na tarde de onte o desfile de comparsas no mércores de cinza de Fene. Moito público contemplou ás agrupacións do Entroido no seu percorrido pola avenida Marqués de Figueroa e Naturais de Fene e nas actuacións na Praza Ramón Souto. A figura do galo don Esmeraldino da comparsa A Santa Compaña -de Radio Fene e do laboratorio de creación artística Laudas Calamity- despertou moita expectación e suscitou milleiros de fotografías e vídeos. Raposiños, raposiñas e galiñas acompañaron ao boneco que ao remate quedou preso nun “cárcere” habilitado nun baixo da avenida Naturais de Fene. A lectura do testamento do Entroido e unha sesión de fogos de artificio "puxeron o ramo" ás actividades festivas.

Cultura

Publica o teu comentario agora