O Entroido invadirá Fene nos próximos días

O Entroido invadirá Fene nos próximos días

04 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Finalmente son 14 as comparsas inscritas no concello de Fene para participar na festa do Entroido.  “ Tribu fantasía. Paso a paso”,  “Comparsa da Semente” e unha terceira “Os Scrachados” da escudería Scracht Fene son as tres agrupacións que se formaron en Fene. As 14 desfilarán o mércores de Cinza polas rúas de Fene e actuarán posteriormente na Praza do Concello onde se leerá o Testamento e actuar&aacute

Antroido no CMI de Fene

O CMI Unidade de Fene é a primeira sociedade en celebrar o Entroido este ano. O sabado 6 de febreiro ofrece un baile de Antroido dende as 22,30 h con premios aos mellores disfraces e arrufado polo trío Antha. O domingo será a festa infantil que contará con animadores da Guagua a partir das 17,30h. O presidente, Xosé Manuel Romero, aclara que o baile infantil é gratis para todos os nenos e nenas pero os adultos que os acompañen deben pagar 2 euros. O baile infantil do ano pasado reuníu no CMI a uns 200 pequenos.

Piñata en O Pote de Maniños

O Pote de Maniños celebrará unha cea- baile de Piñata o sabado 13 de febreiro dende as dez da noite. Sopa e cocido con todos os complementos servirán no Pote antes do baile que contará con música en directo e unha Piñata chea de agasallos, da que poderán tirar só os que acudan disfrazados, segundo o presidente do Pote, Juan José Cabana. O domingo 14 celebran en Maniños a festa infantil dende as cinco da tarde.  

Bailes no CCRD de Perlío

O Círculo de Perlío tamén celebra o Antroido o sabado 13, tamto a festa infantil pola tarde como o baile de adultos ás 23.00h. O infantil estará amenizado por Aixa Romay e Marian Ledesma, con xogos, cancións e maxia. O baile de adultos por Lázaro. A presidenta do CCRD, Matilde Piñeiro, desexa que os socios e socias respondan á cita porque lle gustaría ver o baile "cheo de disfraces" En Perlío entregarán tres premios de 50, 40 e 30 euros.

Os globos en Magalofes

Magalofes escolleu o venres 12 e o sabado 13 de para celebrar o seu Entroido. O ambigú da AVV organiza este ano o baile de adultos coa orquestra D'Aché e musica disco a partir das 23.00h do venres.  Destaca o premio ao mellor disfraz que será unha estancia para duas persoas na Toscana. No transcurso do baile serviranse pinchos e celebraranse outros sorteos. A propia AVV de Magalofes organiza o sabado 13 a festa infantil de disfraces, a partir das catro e media da tarde, con degustación de freixós e unha solta de 3.000 globos ao ceo.
 

Os de Sillobre, os máis lambóns.

En Sillobre tamén preparan a fondo o Antroido. A festa será o 20 de febreiro, cun concurso de postres de carnaval pola tarde e de noite o baile de disfraces, actos aos que se referiu en RF, o presidente de Agarimo, Eloy Sardiña.

Os de Limodre non quedan atrás

Tamén o sábado vinte de febreiro celébrase o baile de disfraces en Limodre. A sesión infantil con chiculatada e a de maiores cun cocido. O dúo Caramelo arrufará as dúas sesións. Para a cea hai que apuntarse previamente ao prezo de quince euros os socios e dezaoito os non socios.

Sociedade