O equipo directivo de Centieiras agacháse polas paredes

O equipo directivo de Centieiras agacháse polas paredes

08 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Desilusionados comezan o curso o equipo docente do Colexio Centieiras de Perlío. Algúns atrancos están a facer deste inicio escolar unha tarefa dura, segundo declarou esta mañá en radiofusión, a Directora do Centro, Fátima Sánchez. Malia todo, o xoves cando os sorrisos dos nenos e nenas enchan as aulas e patios o esforzo merecerá a pena.

A medida da Xunta de Galicia da Gratuídade Solidaria, está a causar grandes problemas á dirección de Centieiras. Están a cumplimentar as solicitudes nunha aplicación informática. Cada unha delas conleva unha media hora de traballo e ás veces o funcionamento do programa falla, perdéndose todo o traballo. A Directora, Fátima Sánchez asegurou que se agachan polas paredes.

Centieiras tamén sofre as consecuencias do recorte de profesorado. Adoecen de dous profesores e a solicitude á inspección para cubrir estas vacantes, denengáronna. O profesorado reestructuraráse para que os pequenos teñan garantida a calidade formativa. O edificio, que xa ten trinta anos, necesita como sinala Sánchez, moitas tiritas. Dada a situación de crise os arranxos faránse pouco a pouco. 

Mañán ás 11, os pais dos pequenos/as de tres anos, docentes, equipo directivo e Anpas reuniránse para percorrer as instalacións e as aulas. Unha forma de que estes pequeniños que se inician no mundo escolar se vaian adaptando á unha gran experiencia na súa curta vida. 

O Colexio Centieiras principiará o curso con 208 alumnos entre educación infantil e primaria. Continúa o funcionamento do comedor e as actividades extraescolares. Teatro, fútbol sete, informática, francés, obradoiros de xogarte en abalorios ou aerobic son algunhas das ofertas que o centro dispón para o alumnado.

Sociedade