O equipo está tocado

O Maniños gañou o seu último partido, pero descende porque non dependía de si mesmo
20 de Maio, 2019 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

Pablo Mesa recoñece que o descenso deixou tocado ao equipo que, sen tempo para pasar o doo, xa se enfronta ao primeiro partido de copa o domingo.

ESCOITA O PODCAST:
Maninos 2019 final

O Maniños non conserva a categoría. Aínda que gañou o último encontro, non dependía de si mesmo, así que descende á segunda Galicia. Un dia triste e duro foi onte para o equipo do Pote. En palabras de Pablo Mesa, "o equipo sempre deu a cara e competiu. Agora hai que asumir a nova situación e aprender dos erros cometidos". Mirando atrás, o técnico do Maniños non ve un único partido no que perderan o campionato, “houbo moitos nos que perdemos a oportunidade de facer puntos” afirmou Mesa. “Chegamos ao final no mellor momento” engadiu Mesa. O ano pasado o Maniños viviu a cara e este ano a cruz. Pero o técnico amósase satisfeito deste grupo do que destaca o seu compañeirismo e o seu xogo porque en todos os campos trataron de ti a ti ao rival.

“Eu non me irei nunca sempre que me queiran” Así respondeu Pablo Mesa á nosa pregunta de si seguirá ao frente do equipo a vindeira temporada. E sen asimilar aínda o descenso, o próximo domingo comeza a competición de copa. O Maniños visita ao Numancia de Ares, a partido único. Un rival moi difícil, pero hai que mentalizarse esta semana do bonita que é esta competición.

Deportes

Publica o teu comentario agora