ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As IX Xornadas de Mostra de Curtametraxes arrincan hoxe e prolongaranse ata este mércores no Ateneo ferrolán. Unha iniciativa que xurde no 2001 onde se amosarán curtas e creacións de cineastas principalmente noveis, facendo especial fincapé nos cineastas galegos e galegas. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Un ciclo que se está a converter nun ref
As curtas a exhibir abranguen todo tipo de xénero desde a ficción ata a animación. As proxeccións comezan os tres días a partir das sete da tarde. Hoxe tócalle a quenda ás producións galegas. A de animación “ A nena que tiña unha soa orella” de Álvaro León, “As almas do fenta” do galego David Vázquez, “ Dies dei” do galego Nani Matos e “ La princesa alegría” de Daniel Utrilla e do ferrolán Rubén Coca.
Tamén se pasarán esta tarde- noite “ O coidador de gatos” de Fernando Cortizo, “ O labirinto ario” de Alfredo Pardo,” “Sobre a morte do Bieito” de Xudit Casas e “Campás” de Jairo Iglesias, todos eles realizadores galegos.
As xornadas continuarán mañán martes con 8 pases máis e este mércores coa proxección de 10 curtas. Os dous días adicaranse a obras en lingua castelán.