O esforzo mereceu a pena

O esforzo mereceu a pena
28 de Maio, 2019 - 11:59 h. | Publicada por Radio Fene

Unha fin de semana de moito traballo viviu o Club Sincro Ferrol. O esforzo mereceu a pena. Na categoría infantil acadaron a primeira posición co combo e a segunda co equipo e dúo. En júnior tamén acadaron a primeira posición en individual e dúos e a segunda no equipo. Na xornada de figuras destacou Aurora Abad na cuarta praza e Xandra Martinez de sexta.

Natación artística do Club Sincro Ferrol

O I Open Internacional Artística de Ferrol celebrouse o sábado e o domingo (25 e 26 de maio de 2019) na piscina Javier Gómez Noya de Caranza. Participaron 127 deportistas de oito clubs de natación artística de Galicia, Asturias e Portugal.

Deportes

Publica o teu comentario agora