O espítiro navideño achégase coa colocación do alumeado de nadal

O espítiro navideño achégase coa colocación do alumeado de nadal

12 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Alumeado de nadal en todas as parroquias de Fene. Ás portas das festas navideñas o Concello de Fene estána colocar as arcadas, ornamentacións e o resto de alumeado que este ano incrementarase a todo Fene e non só ao caso urbano como viña sendo habitual.

As festas do nadal xa case chaman ás portas. A Concellería de promoción económica dirixida polo Alcalde de Fene, Iván Puentes xa se puxo mans a obra para engalanar ao municipio para estas datas. De feito xa están a colocar o alumeado navideño con bombillas led, cunha gran potencia lumínica e cun custe inferior co que se aforra enerxía. Así o explicou esta mañá en Radiofusión o rexedor fenés.

Como novidade a parroquia de Maniños contará este ano coas arcadas navideñas e no resto de parroquias increméntase, nos lugares e viais máis céntricos.

Acenderase na ponte da Constitución no mesmo horario que o resto de alumeado e apagarase arredor da unha ou dúas da madrugada para no malgastar enerxía. Iso sí os días claves das festas, como o de noiteboa, nadal ou reis permanecerán acendidas durante toda a noite. 

Sociedade