ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A agrupación lírica “Ofelia Nieto” ofrecerá mañá, a partir das 20.30 horas, un concerto no Auditorio Carmen Estévez que leva por título “Cantiga Lírica Galega” e que está englobado no programa Xacobeo Classics. A entrada será de balde.
Ademais, na Praza da Constitución ese mesmo día, e de 16 a 21 horas os cativos poderán desfrutar dun bo entretemento gracias aos obradoiros e ao cinema da caravana a “Caixiña dos Mistos”. Para participar no obradoiro teñen que inscribirse ata o venres 25 na oficina de cultura, de 9.00h a 15.00h, e a idade para facer o taller e a comprendida entre 8 e 14 anos.
Campaña para a recollida das deposicións caninas
O Concello de Vilalba lanzou unha campaña para tentar concienciar aos veciños da necesidade de recoller as deposicións dos seus cans das rúas do pobo. Baixo o slogan "Non deixes no chan o que sexa do teu can" búscase recordar aos donos dos animais de compañía a obriga de non deixar os excrementos na vía pública.
Esta campaña consiste na colocación de 40 carteis en todos os parques e zonas verdes de Vilalba, así como ao longo do paseo fluvial, Rañego e a area recreativa de A Magdalena.