O espectáculo “Entre-meses” de Sete en Punto de Narón nos Domingos á escena

O espectáculo “Entre-meses” de Sete en Punto de Narón nos Domingos á escena

22 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo “Sete en Punto” de Narón protagoniza esta semana os Domingos á escena, ciclo de teatro afeccionado de Caranza. Como sempre a representación, as sete da tarde do domingo.

A cova de Salamanca de Miguel de Cervantes e Os amores de Felisa de Jose Luis Prieto. O grupo Sete en punto de Narón colle as dúas comedias costumbristas no seu espectáculo “Entre-meses”. Poderían acontecer en calquera lugar de Galicia, protagonizadas por personaxes facilmente recoñecibeis. Divertidas situacións sucédense dando lugar a escenas onde o que parece non é,  e o que é non parece. A moralexa final: “Todo, non se pode ter”.

Cultura