ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non hai que viaxar moi lonxe para admirar algunhas marabillas da Natureza. Como as fervenzas que temos na zona, que nos recomendou a técnica en Turismo Estefanía Purriños.

Máis de 45 metros salva a auga que cae na fervenza de Belelle, a que se pode chegar desde Neda e desde Fene, onde hai dous camiños diferentes para ir alí. “Eu recomendo ir despois dunha tempada de choivas, pero agardar a que estea seco o camiño, para poder gozar das cores de cada estación e ver a caída de auga”, di Estefanía, que tamén nos deu indicacións para visitar outras fervenzas da comarca. A de Naraío, en San Sadurniño, “é unha pequena fervenza duns 6 metros que eu coñecín facendo unha das xeorrutas, paga a pena visitala o lugar é envexable”. A fervenza da Mazoca, na Capela, duns 10 metros, está situada no río Sesín, un dos afluentes do Eume. E para ver as fervenzas de Somede, a maior delas de 10 metros de altura, nas Pontes, hai que ter en conta que non é un acceso doado, ten dificultade media alta.
Publica o teu comentario agora