ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A rapazada do Colexio de San Valentin realizou esta semana unha ruta polos murais do Perla mural fest. Tamén recibiron unha explicación sobre a escultura O Espectador na Praza do Perla. As sillas ubicadas na Praza do Perla evocan á Praza de Cracovia en Polonia construída en homenaxe ás vítimas do nazismo. Tamén alí as sillas valeiras evocan á memoria.
O Espectador é unha obra realizada polo artista Suso Basterrechea en memoria dos cinemas que abriron as súas portas no concello de Fene. As cadeiras de bronce representan ao cinema Rosales de Limodre, Cinema Feal de Magalofes, Adriano e Maceiras de Barallobre, Cardoeiro de Maniños, Cinema Fene e Franlaza de Fene e Perla de Perlío.
Publica o teu comentario agora