O esplendor da Alexandría está de moda en Lugo

O esplendor da Alexandría está de moda en Lugo

21 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

No Exipto do século IV, dominado polo Imperio Romano, as violentas revoltas relixiosas acadan en Alexandría a súa lexendaria Biblioteca. Atrapada tras os seus muros, a brilante astrónoma Hipatia loita por salvar a sabedoría do Mundo Antigo coa axuda dos seus discípulos. Este é o punto de partida da obra de Amenábar e da exposición 'Ágora, o esplendor de Alexandría' que amosa un percorrido polo vestiario do filme realiz

Lugo será a única das cidades españolas onde se poderá contemplar esta exposición, traída directamente do Museo do Traxe de Madrid e cedida gratuitamente pola productora do filme. Un proxecto que se inclúe no programa Lugo 10, para conmemorar os 10 anos da Muralla como Patrimonio da Humanidade. 

A mostra, formada por 19 vestidos orixinai, estructúrase en dúas seccións, segundo a concelleira de Cultura da cidade das murallas, Nuria Mundiña. A primeira adícase aos deseños da protagonista, Hipatia e a segunda aos das diferentes culturas e relixións que convivían na cidade de Alexandría: vestimentas parabolazas, pagáns ou cristiáns.

A capela de Santa María de Lugo serverá de escenario perfecto para recrear o ambiente e a historia da época. Un período conectado á historia da cidade das murallas, daí o interese de achegala a Lugo, subliñou Mundiña.

A aficción dos lucenses a vestirse con roupas de época amósase na festa do Ardes Lucus á que se suma agora esta mostra. “De feito, as vestimentas axudaron para sentirnos orgullos do nosos pasado e ser conscientes del”, asegurou a concelleira.

Cultura